Enchendo a Leiteira
A Leiteira é unha páxina feita da participación colectiva nun tema que atinxe de cheo a toda a
sociedade galega. Este espacio quere chegar recompilar a
máxima información sobre o sector lácteo na Rede
e trátase de encher a caldeireta coa participación de
todos e todas.
Como colaborar?
- Entendes de economía, socioloxía, dereito, etc.?
Axuda a enmarcar a problemática do sector lácteo galego
cunha colaboración escrita desde o punto de vista
teórico.
Queres contribuír a inmortalizar
na Rede o mundo da vaca? A Leiteira agarda a chegada dos teus:
- debuxos
- poemas
- contos
- bandas deseñadas
Envía a esta páxina todas as
pegadas do mundo leiteiro que encontrares na cultura galega:
- textos literarios (Podes picalos e mandalos por correo
electrónico)
- pintura, fotografía, cartaces, banda deseñada (Se
non puderes enviar a imaxe por correo electrónico faino por
correo postal a: item:)ga, Rua da Coruña, 5-1º, 15402
Ferrol)
- refráns (Podes picalos e envialos por correo
electrónico)
- cancións (En formatos apropiados para a
transmisión por Rede, en CD ou, simplemente, dando unha
referencia co nome do disco, grupo e casa discográfica.
Tamén podes remitir as letras e/ou as partituras)
- Participa na campaña "Con mala leche-Con
leite galego". Ofrece as túas ideas de parellas
antagónicas semellantes ás xa expostas. Tamén
podes enviar novas imaxes por correo electrónico ou
postal.
- A Leiteira vai ser o centro de
recursos do sector leiteiro galego na Internet. A súa
sección de ligazóns de interese precisa calquera
referencia que poida dar máis información sobre o tema.
Envía novos enderezos.
A Leiteira |