| A influencia do sector lácteo na literatura galega Ao longo da nosa historia literaria as referencias ao mundo da vaca e á producción de leite están presentes nos textos desde o tempo dos trobadores. Quer como protagonista, quer como parte do mundo que a literatura galega evoca, o sector lácteo é retratado de xeito diferente polos diferentes autores e autoras. Na Leiteira recollemos algúns exemplos de: Santiago Jaureguízar | Manuel Rivas | Xosé Neira Vilas | A. Daniel Rodríguez Castelao | Afons' Eanes do Coton
"Fabricantes de iogures, leite en po e desnatado. Din que hai demasiado leite e agora chámanlle excedentes...". - ¡Soan de puta madre, tío! ¡Tractoradaaa! ¡Tractoradaaa!- cantaba Andrés, que era quen conducía a furgoneta branca en que el e máis o Viquingo viaxaban pola autoestrda que vai de Compostela a Vigo. | ||
Agora o seu único vínculo era o crítico Candela,así que decidiu encontralo canto antes e pensou que a mellor solución era chamalo ó xornal. -¿Bernabé Candela? -Diga. -Son Espiña. -¿Espiña? Espiña, Espiña... ¡Ah, coño, "el gallego"! ¿E que fas por aquí? -Xa ves. Triunfar. O silencio que seguiu tiña un algo de sinistro. -Pois claro, como debe ser, a triunfar. ¿Queres un consello, rapaz? Traballar, traballar, traballar. Non hai outra clave para o éxito. Que a inspiración te pille traballando. ¡Ah, outro consello! Déixate de vacas. Dito isto apurou unha despedida de compromiso e colgou. Mariano Espiña seguiu o consello ó pé da letra. Pintaba día e noite naquel buraco abafante.Só saía para xantar un macpolo na hamburguesería situada nos baixos da pensión.Vivía como unha toupa,metido na toba e abrindo paso polo mundo misterioso das formas. Xa non pintaba vacas felices baixo un ceo de chumbo senón faunas fantásticas nun universo estrelado. (...) -Pero, coño,Espiña,isto está moi visto.este neobarroco deulle moi bos resultados ó teu paisano Laxeiro pero a onda vai hoxe por outro lado.Transvangarda, espiña, transvangarda.toma este catálogo e le o prólogo. Non o esquezas, Bonito Oliva.Non, Benito, no.Bonito.E fai unha lumeirada con todo isto.A nova arte nace tamén da purificación.edo traballo.Que as musas te encontren na faena. Espiña volveu a aquel templo cutre con renovado alento,despois de tirar toda a producción anterior ó lixo. O mundo que xurdiu agora era o da color explosiva, trazos intensos,pletóricos de lume. (...) -Por Deus,espiña,este é o pasado máis reseso.nonte enteiras de nada e non me estraña, aquí metido todo o santo día. ¿Viches algunha exposición desde que chegaches? Hai que asulagarse no ambiente, sentir as vibracións. Alternar, emborracharse, fornicar. O artista no é un monxe. Todo o balburdio da vida cotiá ten que saír na túa obra. ¿Sabes o que é a nova figuración? Non, Espiña non o sabía, pero decidiu enteirarse. A partir dese día, a señora de bembibre observou escandalizada os costumes noitébregos do xove artista.Varias veces vomitou na súa alfombra preferida.Dáballe patadas ó gato e,o peor do asunto, deixouse ver varias noites con exóticas compañías femininas de crestas coloradas. pero tamén debía pintar, e facíao,de talxeito que non tiña horas para o soño e a súa aparencia resultaba lamentable, cos ollos fundidos, barba de foraxido e andares de vagbundo desnortado.os seus lenzos representaban agora moitedumes de xentes entrando ou saíndo do metro, portas de retretes e destellos luminosos de sereas policiais.bernabé foi convocado unha vez máis. cando lle pediu o seu parecer, a mirada de espiña xa non reflexaba a inxenua sumisión doutros tempos. tiña un ameazante brillo que xurdía da negritude fonda das olleiras. -Non está mal, espiña,non está mal -dixo Candela conciliador-. pero moito me temo que a arte de hoxe, na fin de milenio, procure a serenidade das cumes nevadas. Espiña non respondeu. Acompañou ó crítico ata a porta da pensión e ó despedirse unicamente dixo: Terán cumes nevadas. Aquela noite pintou un branquísimo lenzo.branco sobre branco. logo fixo un corte de navalla na palma daman e co seu sangue pintou unha vaca.unha vaca vermella e feliz sobre a neve. | ||
No alboreo da mañán, a Marela abréu os ollos. Espreguizóuse amodiño. Púxose de pé. Veu que todo era novo darredor: as paredes, o estrume, a bufarra por onde entraba un retrinco de luz. "¿Estarei soñando?", dixo pra sí. Dempóis estarricóu o fuciño,erguéu a barbadela e ceibóu un bruído longo: -Muuuuuuu! Era como un aturuxo mañanceiro. Con el,espertóu de vez. E púxose a cavilar. Así foi caíndo na conta de que estaba nunha corte nova. nova pra ela, craro. na víspora levárana á feira de Lestedo,onde a venderon.tiña trocado de dono. tan cansa chegóu da andaina e tan abrouxada do feireo, que durméu axiña. Agora ía recordando... Cantan os galos. Un cadelo anda a ladrar vagarosamente.o día medra,e pola bufarra vanse enfiando unhas raiolas.Á marela chéganlle tamén voces de xente.logo,un taravelo que se move, a porta da corte que renxe, e un home de pé na soleira. É o mesmo que a mercóu en Lestedo. Tras do home aparece Xuxo, un rapaz que fai perguntas. -¿É moi vella? -Nin vella nin xuvenca -responde o pai -¿Ten algún cuxiño? -Non. pero terao co tempo.eso agardo. Entran na corte. A marela non se move.O home pásalle unha mao polo lombo e o rapaz acaríñalle a testa.Chega a muller da casa e algúns parentes e veciños.Todos ollan con curiosidade á forasteira, danlle voltas e din que ten sido unha boa merca. "Xente agarimosa a desta aldeia", matina a vaca. Botáronlle no pesebre un feixe de trebo. Coméuno dapouco, saborexando cada folla. Non deixóu miga. E pola tardiña, o home prendéuna polos cornos,como é uso,e saéu con ela eira adiante. Púxolle a corda nas maos ó rapaz,quen levóu a pacer á Marela polas beiras do camiño. -Non me cotes, laberca. Mira que che bouro coa xostra... Tal dec´ìa o Xuxo trizando, facéndolle garatuxas no pescozo.E a Marela,anque xa era unha señora de respeto,sintéuse nova e tamén se botóu a enredar. Abaneaba a testa, e entre un bocado e outro arrimáballe o fuciño ás canelas, mentres baduaba, querendosa, o seu "muu, muu, muuu". Véndoa tan leda e brincadeira,o rapaz encambóulle un alcume pavero: "Taravela". Á vaca non lle parecéu mal. Chistóulle que a tivesen comparado coa estangurriada barullenta que algúns poñen nas cerdeiras pra escorrentar paxaros. Foi así. O Xuxo, mentras arranxaba un novelo coa punta da corda, falóulle desta maneira: -Puxéronche Marela pola cor da túa pelaxe, ¿nonsí? Está ben. Pero eses cornos alongados e ese teu maino rosmar,merecen un segundo nome. Colléu no roleiro unhas margaridas e botóullas pola testa abaixo. -¡¡Taravela!! A vaca deixóu de pacer un instante, ollóuno algo de través, con cara de quen ten pasado por moitas, e remoéu: "¡Coiro! ¡Que túzaro é este rapazolo!". Así acabóu aquel primeiro día.voltaron polo anoitecer, con trouleo de grilos e morcegos. novos carreiros, nova xente.Unha aldeia do trinque prá Marela. | ||
FONTES DE RIQUEZA GALEGA A vaca.- A vaca é o símbolo da paz. Val máis o que siñifica unha vaca que o que simboliza un león rampante. Xa o dixo un dos nosos economistas: " O albre xenealóxico dunha vaca de leite é máis útil que o albre xenealíco dun aristócrata". A vaca esquenceuse dos cornos e danos o seu traballo, o seu leite, a súa carne, o seu coiro e a carne e o coiro dos seus fillos. Nonos pode dar máis. O can será o amparo dos ricos, que defende a propiedade do amo e ladra aos pobres que van polos camiños.En troques a vaca é o amparo dos pobres libres. Os concursos de vacas leiteiras valen máis que os "concursos de Belleza". A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o que lle dá de comer a unha vaca non ten dereito a muxila. As "señoritas" que choran pola morte dun can ridículo non comprenden a door dunha familia labrega cando se lle morre unha vaca. Se non fose polo leite das vacas a piolleira das cidades morrería desnutrida.A vaca é a ama de cría da Humanidade. O día que nós emitamos papel-moeda non estamparemos nel o retrato dos políticos, nin dos sabios, nin dos artistas; estamparíamos somentes, a figura dunha vaca, como símbolo da nosa economía humanamente distribuida. O día que Galiza sexa unha comunidade cooperativa ergueremos un gran moimento cunha vaca de bronce dourado. Tamén hai razas de vacas, e a mellor é a nosa. O día que seipamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida. | ||
Foi Don Fagundo un dia convidar dous cavaleiros pera seu jantar, e foi con eles sa vaca encetar; e a vaca morreu-xe logu' enton, e Don Fagundo quer-s' ora matar, por que matou sa vaca o cajon. Quand' el a vac' ante si mort' achou, logu' i [e]stando mil vezes jurou que non morreu por quant' end' el talhou, ergas se foi no coitelo poçon; e Don Fagundo todo se messou, por que matou sa vaca o cajon. Quisera-x' el da vaca despender tanto per que non leixass' a pacer; ca, se el cuidasse sa vaca perder, ante xa der' a [quen-quer], assi non; e Don Fagundo quer ora morrer, por que matou sa vaca o cajon. |