
| PATROCINAN ESTE ESPACIO |
Aínda que o Día das Letras é unha xornada de festa, e Vieiros únese a ela por teceiro ano consecutivo, trátase tamén dunha data de reflexión sobre a situación da lingua e sobre a responsibilidade que todos os galegos e galegas temos na súa normalización. As seccións "Mil Primaveras" (que inclúe novas traducciós do manifesto de Cunqueiro), "Os humoristas e a lingua" (exposición promovida pola Asociación de Amigos do Museo do Humor de Fene) e o taboleiro de opinión "¿Que farías ti?" (onde convidamos os e as visitantes a seren planificadores por uns días) están pensadas para reflectiren o compromiso de todos e todas nós cun idioma que aínda ten que soar en Galicia outro milleiro de maios. Historia do Día das Letras | As Letras do 98 | Codax, Meendinho e Cangas | Mil primaveras máis | Os humoristas e a lingua | Que farías ti? | Correo | Vieiros |