 stamos en 1998 e o galego continúa a ser a lingua habitual de máis de dous tercios da poboación, non obstante a súa presencia na vida pública non se correponde
aínda con esta realidade. Imaxina que, por un momento, ti es
quen manda e que tes a responsabilidade de planificar as
próximas actuacións en materia de política
lingüística. A túa liberdade de decisión
está condicionada por dous factores fundamentais: a
limitación dos recursos económicos e a necesidade de
non facer da cuestión do idioma unha imposición. Na
túa man está a elaboración de novas propostas
lexislativas para os ámbitos do ensino, investigación,
medios de comunicación, administración, xustiza,
economía, novastecnoloxías, etc. Tamén depende
de ti a realización de campañas de promoción do
galego, a concesión de subvencións e a
potenciación do papel dos organismos e institucións que
se ocupan do idioma: Real Academia, centros de investigación,
servicios lingüísticos de universidades, concellos,
escolas, palacios de xustiza, etc. Tendo en conta este punto de
partida, cales son as medidas que tomarías, que
farías ti?
Portada | Historia do Día das Letras | As Letras do 98 | Codax, Meendinho e Cangas | Mil primaveras máis | Os humoristas e a lingua
|