![]() |
U ESTABA AHÍ, sen mobilidade algunha, esperando a que alguén me tocara, a que as súas mans me acariciaran, a que polo menos me rozaran, pero que podes facer ti, sin poderte mover, casi sin saber expresarte, que podes facer, só esperar, e de vez en cando protestar con algún son que chame algo a atención, pero pouco máis, saber que a xente a maioría te apoia, escoitar cousas como que lindo, que cousiña, cantas cousas fai, si escoitar como din algo bonito de ti, pero saber que ti non podes decir nada, non lles podes responder, pero non tódolos días son iguais, hai outros nos que ti xa non estás moi ben e por riba, tes que oir, pero joder, que coño pasa, será hijo puta, aínda que logo veña outra vez o manoseo, hai xente que o fai con cariño, con dulzura, pero outra parece que está aporreando o tambor, pero en xeral todos me tratan ben, a cousa é que chega unha hora, que hai que tomar unha decisión, o da elección do nome ¿como lle pongo?, non sei ¿este será moi longo?, non a min gustame máis estoutro, un lío, non sei e de repente xa está Manoliño, si xa está e bonito, non pesa moito tampouco e moi grande so hai un pequeno problema: Cando eu quera mandar a Manoliño por correo electrónico como farei cos acentos e cos ñ, esa é unha cousa coa que non contara cando creei este arquivo, pero agora xa está, estos son algúns dos problemas cos que te atopas, cando non sabe un moi ben o que está a facer, Manoliño será Manuel.
| |
| Due | Volver a Mil Primaveras | |