Aquí xace Altazor

ETERNIDADE un coñazo, un pringue, unha matada (paradóxica), a omnipotencia acaba con a miña paciencia, tan doado todo, Rei Midas que, sen tocalo, todo o converte en merda. A ubicuidade está pasada de moda nestes tempos de corpos danone, de almas danone, de cerebros danone (todo é tan encantadoramente delusivo). A inmutabilidade é vicio onanista co tempo do tiven/teño tanto tempo. A inmutabilidade é mesmo inútil nesta inmensidade sen espellos. ¿Para que necesita espellos este lugar onde todo se repite? A inefabilidade é don común: un río é inefable, pero inventamos o signo. O meu é peor incluso. Son tan pouco inefable que respondo a cantidade de gracias, como unha sevillana de prosapia e oliva, coma as ministras da dereita, como os virus modernos ou como os espías. Sobre a infalibilidade non quero dicir nada, por se me equivoco. ¿E a univocidade? Alguén dixo que o inferno son os outros. Eu respondo que este ceo solitario é un inferno.

(Así cantaba Deus subido á póla do prodixio).

Creei ao home á miña imaxe e semellanza, gardando claro certos ases na manga que tampouco vou desvelar. O home, pasado un tempo, quixo matar a Deus (perdoen que me cite), ambición de gran tino e non menos asombrosa clarividencia. Pero qué burdo o xeito. Unha palabra nunca matou un Deus, nin sequera feriu un dictador ou meteu en razón a un crítico. A palabra é unha arma extinta desde o primeiro balbuceo, que nin sequera serviu para botar un casquete (as amebas eran escasamente sicalípticas).

O único quizais que me roubaron foi a omnisciencia.

(Así cantaba Deus subido ao Ñ dun Notebook).

Aníbal MalvarVolver a Mil Primaveras