A opinión de Paco Fernández del Riego sobre Fole, nunha entrevista concedida a RNE en Vigo





Paco Fernández del Riego
con Ánxel Fole



Para escoitar esta entrevista,
preme aquí
Fala Fernández del Riego:

 

- Era un home, humanamente, dunha extraordinaria bondade, un gran sentido do humor, un gran narrador e un home profundamente devoto pola paisaxe, de maneira que estas características poden definir a figura de Fole.

- Coñecino. Trateino moitísimo. Coñecino xa no ano 1932 en Santiago cando ía examinarse de asignaturas da carreira de Dereito, que nunca rematou, trateino e convivín con el moitas veces e posteriormente, despois da Guerra Civil, cando foi vivir á Veiguiña, en terras de Quiroga, cara ó Hospital do Incio, pois cruzamos moitísimas cartas entrámbolos dous. Eu conservo máis de cen cartas del. E ademais propúxome, sendo eu xerente de Galaxia, a edición do seu primeiro libro de contos, Á lus do candil, do que me pediu o prólogo, e eu fíxenlle o prólogo a ese libro, foi o primeiro que publicou, despois veu Terra Bravae máis...

Volver ao Día das Letras | Volver a Vieiros