As Letras Galegas na Arxentina |
![]() |
|
| v | O venres 16, no teatro "Castelao" da cidade de Bos Aires (pertencente
ó Centro Galego de Bos Aires) celebrarase o Día das Letras Galegas
cunha conferencia a cargo do Sr. Manuel Conde González, do escritor
Martínez Bargiela e o profesor, filólogo e historiador Dr. Higinio
Martínez Estevez. Este evento realizarase ás 20:00 h. e ó rematar falarán distintas autoridades do goberno da cidade e representantes dos diferentes centros. En canto ós medios de comunicación, Lembrando a Galicia será o único programa que poña en antena unha Gala Especial sobre o Día das Letras Galegas facendo unha reseña sobre tódolos escritores e poetas que souberon exaltar a Galicia a traverso da súa obra; asimesmo, terémo-la palabra en directo de Concepción Fole (sobriña de Anxel Fole, quen leva adiante todo o referente á súa obra) en conexión duplex con distintos representantes dos centros en Arxentina.
Silvia J. Brun |