| Cavando | ||
![]() |
ntre o índice e o polegar repousa compacta a miña pluma, acomodada coma unha pistola. Baixo a miña xanela, o son áspero e limpo da pá que se afunde no pedregullo: meu pai cava. Miro para el ate que o seu lombo tenso se agacha entre os eidos, e renace vinte anos lonxe debruzando-se ritmicamente nos furos das patacas onde cavava. A zoca afirmava-se torpe no canto da pá, facia palanca o cabo seguro contra o interior do xoello. El arrincava as más ervas, enterrava fondo o gume brillante para semear as patacas novas que nos colliamos amando aquela dureza fresca nas nosas mans. Aquel petrucio era quen de traballar coa pá. Coma seu vello. Meu avó cortaba mais carqueixa nun dia que calquera outro home na braña de Toner. Nunha ocasión levei-lle leite nunha botella toscamente tapada con papel. Puxo-se direito para bebé-lo, e axiña volveu a encoller-se, a rañar e cortar con aquel xeito, erguendo as felpas por riba do ombreiro, indo cara abaixo pola carqueixa boa. Cavando. O cheiro frio do balor da pataca, a labazada na carqueixa empapada ao esmagar-se, os cortes secos dun gume através das vívidas raiceiras despertas na miña memória. Mas eu non teño pá para seguir a homes coma aqueles. Entre o índice e o polegar repousa compacta a miña pluma. Cavarei con ela. Seamus Heaney (do libro "Death of a Naturalist" -1966-) Digging
Between my finger and my thumb |
|
| Xabier Meilán | Volver a Mil Primaveras | |