Información para Audio
Para escoitare-la música que amablemente nos ofrecen Milladoiro e
os Diplomáticos precisarase configura-lo ordenador se non está
capacitado para reproducir ficheiros .au (audio/basic). Probablemente,
se usas Netscape 2.0 tera-los plugs-in necesarios para teres unha
correcta audición. Se careces destes engadidos ou usas outro browser
terás que baixar da rede (proba en
c|net) un reproductor de audio e configurar logo o teu browser.
1. O reproductor de audio
Na fin deste documento hai unha lista de reproductores de audio dispoñibles
para as tres plataformas máis comúns:
Escolle a plataforma máis axeitada para vere-los reproductores máis axeitados. Case de certo, poderás baixar calquera destes programas usando o teu browser e a opción "Save" ou nalgúns, simplemente dirixindo o teu rato cara o link.
2. Para instalare-lo reproductor de audio.
Dende que téña-lo programa baixado probablemente precisarás
descomprimilo. Os usuarios de DOS/Windows precisarán pkz204g.exe. Os usuarios deMacintosh poden utiliza-lo Stuffit Expander. Os usuarios de
Unix usarán uncompress (.Z) ou gunzip (.gz).
Pon o programa nun directorio ou carpeta e sigue as instruccións
que veñen co programa en cuestión.
3. Configurando o teu web browser
Dende que leves instalado o reproductor de audio, precisarás configura-lo
teu navegador para poderes escoita-los ficheiros .au. O máis
importante é lembrar que os ficheiros .au tamén se
coñecen como audio/basic. Así que precisarás
indicarlle ó teu browser que use o programa que vés de baixar
cada vez que atope ficheiros do tipo audio/basic.
No Netscape para Macintosh e para MS-Windows, escolle Preferencias no menú
de Opcións. Despois selecciona Helper Apps, busca audio/basic,
e incorpora o programa que cargaches.
Outros navegadores deberían ter un menú similar para faceren
a mesma tarefa. Busca por
"Helper Applications" ou "Viewers" na configuración
do programa.
Reproductores de Audio para Microsoft Windows
- Netscape Audio Player
- Se estás usando unha versión recente de Netscape,
poderás usa-lo reproductor de audio que vén incorporado. Se
tes un ficheiro chamado NAPLAYER.EXE no directorio, dille simplemente que
o use para ficheiros audio.
- Windows Play Any File
- Se non estás usando Netscape velaquí un programa freeware
que reproduce unicamente ficheiros audio.
- Outros reproductores
- Outras opcións para Windows son Wham e GoldWave. Ó contrario
có reproductor anterior, estes abren ventás e pídenche
que pulses un botón de play para escoitare-los ficheiros.
Reproductores de Audio para Macintosh
- SoundMachine
- SoundMachine é un programa freeware que pode reproducir ficheiros
.au (e outros formatos) de fondo.
- SoundApp
- SoundApp é outro reproductor freeware que permite escoita-los
ficheiros de son que vos ofrecemos nestas páxinas.
Reproductores de Audio para Unix
- AudioFile
- AudioFile pode reproducir moitos formatos diferentes de audo e compilados
e moitas máquinas Unix.
- Xplay
- Xplay é un reproductor de son para SunOS 4.1.x.
Volver a Milladoiro | Volver ós Diplomáticos | Volver a 1000 Primaveras