Lingua que me fala

on eu
senón a lingua que me fala
alén dun silencio de palabras cegas
ou valo de sombras
ou espello de pedra

non eu
senón este pan novo de ovo
este pan de beixos e sangue
de morangos este atallo
de apertas á engolemia
do teu corpo

non eu
senón o sabor a améndoas na boca
cando che digo quérote na lingua que me fala
cando o orballo é mesto pero morno
como folerpas de herba na noite
erma da lingua que me fala
a lingua que me fala
deixou de ser cábala ou memoria
o froito do marmelo sabe doce

Jorge GendeVolver a Mil Primaveras