| Invasión | ||
![]() |
arbre xunto da miña xanela ve-se humilde hoxe; aínda así as suas ponlas feas e remexidas ameazan con pel manchada. Fai frío, hai humidade. O seu corpo ten unha impaciencia embrullada nos poros. Agardo. Miro. Agora vexo parches nuos, vulnerabeis expostos a unha tímida primavera agachada aínda nas follas mudadas de novembro. Enrugas irrigan a columna acastañada e aquela lepra palida, verde, irregular invade fendas fraxeis. Esto o teño estudiado, coa esperanza de saber a lección coa esperanza de poder descobrir como eu, como savia, poderei xurdir poderei ascender pola sua madeira empapada, crear mañans de maio con pequenas lanzas tenras que reaxan ante o tacto na matriz que só teñen os salgueiros sentindo que este pequeno nacimento ha de ser perda miña ha de ser sangue meu. |
|
| Kathleen March Organization: University of Maine | Volver a Mil Primaveras | |