![]() |
eiga xurdiu do río unha noite. Eran os seus ollos grandes, escuros e fondos, e era o seu mirar soave. Corremos da man pola orela e xogamos na auga, acochados pola escuridade. Collín entre os dedos o seu longo e negro cabelo mollado. Percorrín a súa pel (¿sería un sono... ?), a súa pel de lúa. Axuntamos os alentos e tomei dos seus beizos un solimán namoreiro. Acodiron as suores e bebín das súas entranas máis fondas unha brebaxe de amor. Meiga marchou pola mañanciña, foise ó mesmo tempo que a lúa, paseniño, paseniño... sen ferir o corazón, ata que se esvaeu entre a brétema. | |
| Xoán Xosé Mato Valladolid, 6 de agosto do 92 Enviado por Alberto Álvarez Lugrís | Volver a Mil Primaveras | |