Nos teus ollos coriscantes

A María, primavera onde
tódalas flores coriscan.

oi no cantil dos soños
a carón do precipicio romántico,
na alborada do amencer.
O sol reflectía a túa ollada infinda,
espallando a túa luz no meu espírito.

Lembrei os tenros ruxe-ruxes
dos teus ollos coriscantes...
Atopei nalgures, ó lonxe,
atopei o teu celme
nun recanto do mar,
na harmonía oceánica,
entre as cores nacentes do día
e as brisas perfumadas.

Cara ó espacio luminoso,
fronte ó mar eterno
berrei: ¡María!
e namorado ollei o teu nome
espallarse no horizonte,
esvaecéndose na luz.

Erguín unha aperta á eternidade
fundíndome coas cores
e aloumiñando os teus ollos ausentes,
afundíndome na túa mar,
na primavera dos teus ollos.



Océano

ontinuarán os berros
construíndo muros,
pola soidade?
(Continuarán percutindo
as bolboretas cinsentas
en labirintos oceánicos?
¡Non! Brotarán tambores
latexantes nas paisaxes espesas,
destruíndo os edificios imperiais,
derrocando os gobernos opresores.

Espertará a liberdade do seu soño
e ceibará a identidade das súas cadeas



Andoriña da alma

iaxa no vento
o meu vivir cinéreo.
As árbores contan contos
que esvaran no eco
das flores perfumadas.
Viaxan os versos
en paxaros sen ás.
As criaturas da vida
adornan as rúas
con caramelos de cores,
... e cen mil soles
iluminan a túa ollada.

Xavier Vázquez Freire
Oleiros (A Coruña)
1995

Enviado por Alberto Álvarez Lugrís

Volver a Mil Primaveras