Vieiros

Así foi 2001...
 EN GALICIA


O que pasou na rede:
 A REDE NO MUNDO
 A REDE EN GALICIA
ASÍ FOI O 2001: O QUE ACONTECEU NO MUNDO



O 2001 será recordado como o ano dos atentados sobre Nova York e Washington, como o ano que deu comezo unha nova era na historia da humanidade. O ataque sobre as Torres Xémeas e o Pentágono deu lugar a un medo escénico por parte de Occidente contra un concepto, o terrorismo, que ninguén sabe como interpretar e moito menos como atallar. ¿O resultado? Unha guerra contra Afganistán na busca de Ben Laden e Al Qaeda que rematou con máis mortos que os que produciron os avións esnafrándose contra o World Trade Center. E milleiros de efectos secundarios, como a reducción das liberdades coa escusa da loita contra o terrorismo internacional.

Tamén foi o ano da eclosión do movemento antiglobalización. Xa non hai dous bloques con modelo económico-político enfrontado, así que a resposta ao capitalismo está a xurdir dentro da propia sociedade occidental. Despois de Seattle veu Gotemburgo, Barcelona e Xénova, con fortes incidentes violentos entre os manifestantes e a policía. Nesta última cidade morreu o primeiro mártir da causa, Carlo Giuliani. Os seus representantes teóricos reuníronse en Porto Alegre para buscar alternativas a un sistema que non lles gusta. "Outro mundo é posible", din.

Velaquí o que foi pasando mes a mes:

Xaneiro | Febreiro | Marzo | Abril | Maio | Xuño | Xullo | Agosto | Setembro | Outubro | Novembro | Decembro




 
Jorge Sampaio XANEIRO
  • Comeza a presidencia sueca da UE e o Ano Europeo das Linguas. Porto 2001, Capital Europea da Cultura.
  • Saen á luz pública as víctimas do uranio empobrecido que posuían as armas que a OTAN utilizou en Cosova. Hai afectados en toda Europa.
  • (domingo 14) Jorge Sampaio venceu por abrumadora maioría (un 55,8%), moi por diante do candidato conservador, Ferreira do Amaral, que acadou un 34,5% dos apoios, nunhas eleccións marcadas pola elevadísima abstención
  • Unha muller gaña por primeira vez na historia o rali París-Dakar. Foi a alemana Jutta Kleinschmidt ao volante dun Mitsubishi.
  • Desastre ecolóxico nas illas Galápagos: unha marea negra de máis de mil quilómetros cadrados.
  • Garzón ordea a prisión incondicional para Pepe Rei, director da revista Ardi Beltza, por un presunto delicto de colaboración con banda armada.
  • O 20 de xaneiro George W. Bush inicia o seu mandato.
  • Folga de fame de máis de trescentos inmigrantes "ilegais" contra a lei de estranxeiría.
  • O 23 de xaneiro entra en vigor a Reforma da Lei de Estranxeiría, que implica a posibilidade de expulsar do Estado español en 48 horas a quen viva sen papeis neste territorio.
  • A oposición de esquerdas gaña as eleccións en Cabo Verde fronte á candidatura do Goberno liberal.
  • Celébrase do 20 ao 25 o Foro Económico Mundial en Davos e, paralelamente, o Foro Social Mundial en Porto Alegre (Brasil).
  • Pinochet é procesado como autor, inductor e cómplice de 75 crimes.

Arriba
 
Ariel Sharon FEBREIRO
  • Unha delegación de zapatistas do EZLN viaxa á capital de México facendo un percorrido por todo o país para tratar de chegar a un acordo de paz co novo presidente Vicente Fox.
  • O ultradereitista Ariel Sharon consegue unha victoria esmagadora cun 62,5% dos votos, por un 37,5% para Ehud Barak.
  • Primeiro borrador do xenoma humano
  • O labrego antiglobalización José Bové é xulgado pola destrucción de arroz transxénico nos invernadoiros do Cirad.
  • George W. Bush estrea cargo con bombardeo... apoiado por Tony Blair. Ataque aéreo contra Bagdad porque o líder iraquí Saddam Husein segue fabricando armas de destrucción...
  • Ibarretxe convoca eleccións para o 13 de maio.
  • ETA asasina un militante 'abertzale' e un emigrante galego.
  • Aznar nomea a Rajoy ministro de Interior en substitución de Mayor Oreja, ademais de seguir sendo vicepresidente primeiro do seu goberno.

Arriba
 
Mir MARZO
  • Os talibáns derruban dúas estatuas de Buda en Afganistán que eran Patrimonio da Humanidade.
  • Desaparen no Douro 70 pasaxeiros dun autobús e os ocupantes de dous turismos ao caer a ponte de Entre-os-Ríos, preto do Porto.
  • Manifestación en Madrid en apoio aos traballadores de Sintel. O 9 de marzo.
  • 400.000 persoas maniféstanse en Madrid o domingo 11 contra o Plano Hidrolóxico Nacional.
  • O venres 23 a Mir, a estación espacial rusa, no Pacífico Sur, exactamente onde tiñan preparado os científicos, sen ter causado ningún tipo de problema ás illas más próximas de Nova Celandia.
  • ETA asasina a Froilán Elespe Inciarte, tenente alcalde do PSOE no concello de Lasarte (Guipúscoa).
  • Gladiator foi o vencedor da noite dos Oscar, con cinco estatuíñas.

Arriba
 
Dennis Tito ABRIL
  • Casan nos Países Baixos catro parellas de homosexuais.
  • Detención de Milosevic co consentimento do Goberno iugoeslavo para ser xulgado polo Tribunal da Haia.
  • Vence nas eleccións en Montenegro a coalición que gobernaba ata o de agora liderada polo presidente Milo Djukanovic, que defende a independencia.
  • O Ministerio de Educación español anuncia a fin da selectividade.
  • O multimillonario Dennis Tito, primeiro turista espacial.

Arriba
 
Ibarretxe MAIO
  • O sábado 5 ETA asasina o popular Giménez Abad.
  • Domingo 13: Victoria histórica de Ibarretxe e do PNV (acompañado por EA) fronte a un Mayor Oreja que estaba seguro de gañar. Fracaso de EH.
  • O mesmo día Silvio Berlusconi vence en Italia cun 49,5% dos votos e 368 escanos fronte á coalición de esquerdas de Rutelli.
  • O Real Madrid gaña a Liga.

Arriba
 
Tony Blair XUÑO
  • Alejandro Toledo, elixido presidente de Perú na segunda volta fronte a Alan García.
  • Victoria esmagadora do Partido Laborista de Tony Blair, que acadaría case un 42% dos votos, fronte ao 32% do 'tories' de William Hague. O venres 8.
  • Polémico e violento cumio europeo en Gotemburgo. Graves incidentes entre a policía e os manifestantes. Venres 15.
  • Carlos Menem, detido por tráfico ilegal de armas a Ecuador e Croacia.
  • Folga de pilotos de Iberia convocada polo SEPLA.
  • A Conferencia do Banco Mundial que ía ter lugar en Barcelona ten que anularse por mor da presión dos grupos antiglobalización. Tivo que realizarse a través de Internet.
  • O ex monarca Simeón II acada a maioría absoluta en Bulgaria.
  • Nace Batasuna nun proceso que pretende unir a todo o independentismo vasco. Conseguen todo o contrario.
  • ETA asasina o 29 ao xeneral Justo Oreja.

Arriba
 
Carlo Giuliani XULLO
  • Bélxica colle o relevo de Suecia na presidencia da UE.
  • Pepe Rei volve a ser procesado polo xuíz Garzón logo de ser ceibado tres semanas antes porque non había indicios suficientes contra el.
  • 3 de xullo: Milosevic séntase diante do Tribunal Penal Internacional para a Antiga Iugoslavia na Haia por crimes contra a humanidade durante a guerra de Cosova.
  • Esmorece o proceso de paz en Irlanda do Norte: demite David Trimble.
  • Martes 10: o ex dictador Jorge Videla irá a prisión polo Plan Cóndor.
  • 11 de xullo: ETA mata o policía nacional Luis Ortiz en Madrid.
  • 14 de xullo: ETA asasina un concelleiro de UPN e un ertzaina.
  • Venres 20: graves enfrontamentos entre policía e militantes antiglobalización en Xénova durante a reunión do G8, con resultado de un morto (Carlo Giuliani) e un cento de feridos.
  • Venres 27: o PP aproba no Congreso o anteproxecto de Lei Orgánica de Universidades.
  • Domingo 29: Lance Armstrong volve a gañar o Tour de Francia e Jan Ulrich volve quedar segundo.
  • Garzón procesa 31 membros de Ekin.

Arriba
 
Fretilin AGOSTO
  • Desaparece a gasolina súper.
  • Os traballadores de Sintel poñen fin a 6 meses de acampada logo de chegar a un acordo coa empresa.
  • Morre Jorge Amado aos 88 anos.
  • Morre Paco Rabal.
  • Día 30: maioría absoluta para o Fretilin nas primeiras eleccións en Timor Leste, dous anos despois do referendo pola independencia.

Arriba
 
11Setembro SETEMBRO
  • Fracaso da Conferencia Mundial contra o Racismo de Durban (Sudáfrica), que tivo lugar do 31 de agosto ao 7 de setembro, por mor do boicot dos Estados Unidos e Israel.
  • 11-S: O maior atentado da historia: tres avións esnáfranse contra as Torres Xémeas de Nova York e o Pentágono en Washington. Conmoción mundial (ver especial de Vieiros).
  • 14 de setembro: O FBI publica a listaxe dos 19 secuestradores do total de 52 terroristas que participaron no atentado dos Estados Unidos.
  • Día 27: un home armado mata 14 persoas e fire varias nun Parlamento rexional en Suíza.

Arriba
 
Afganistán OUTUBRO
  • 7 de outubro: EEUU e Gran Bretaña atacan Afganistán sen teren probas da autoría dos feitos do 11-S.
  • Nobel de Física para os estudios sobre condensación de Eric A. Cornell (EEUU), Wolfgang Ketterle (Alemaña) e Carl E. Wieman (EEUU). 9 de outubro.
  • Nobel de Medicina para o médico norteamericano Leland H. Hartwell e os británicos Timothy Hunt e Paul M. Nurse. Premios Nobel de Química, que lle foron outorgados a William S Knowles, Ryoji Noyori e K. Barry Sharpless.
  • 10 de outubro: Al-Qaeda chama á Guerra Santa.
  • Nobel 2001 de literatura é o inglés nado en Trinidad, Vidiadhar Surajprasad Naipaul.
  • Día 12: Nobel da Paz para as Nacións Unidas.
  • Día 16: De La Rúa queda en minoría no Congreso arxentino.
  • Alarma en todo o mundo polos casos de ántrax (ou carbuncho).
  • Día 17: Maragall presenta unha moción de censura no Parlamento catalán, que só apoia IC-Els Verds.
  • Día 18: comezan os ataques por terra en Afganistán.
  • Día 25: O IRA anuncia a fin da loita armada.

Arriba
 
George Harrison NOVEMBRO
  • Día 5: O conservador Bolaños, do PLC, gaña as eleccións de Nicaragua.
  • Día 6: Un cento de feridos nun coche-bomba en Madrid colocado por ETA.
  • Día 7: ETA asasina a José María Lidón, maxistrado da Audiencia Provincial de Biscaia, en Getxo.
  • Día 13: A Alianza do Norte libera Cabul de talibáns.
  • A xustiza belga reclama a Ariel Sharon para que sexa xulgado por crimes contra a humanidade e xenocidio.
  • Día 22: os talibáns negocian a rendición en Cunduz, o seu último reducto no norte de Afganistán.
  • Día 26: Primeiro caso de clonación humana, realizado pola empresa americana, Advanced Cell Technology Inc. (ACT), de Worcester.
  • Día 29: morre o ex George Harrison aos 58 anos.

Arriba
 
De La Rua DECEMBRO
  • Día 3: Arafat decreta o estado de emerxencia nos territorios palestinos.
  • Día 4: Sharon bombardea varios enclaves palestinos.
  • Día 5: Decídese en Bonn o futuro de Afganistán: o goberno provisional de Afganistán estará presidido polo paxtuno, e próximo ao ex-rei, Hamid Karzai.
  • Día 6: Os talibáns entregan Candahar, o seu último reducto
  • Día 12: As tropas de Al Qaeda entréganse ao sur do país.
  • Día 13: Israel ten sitiada a Palestina e, en concreto, ao presidente da Autoridade Nacional Palestina, Iaser Arafat, a quen non o deixan saír do seu domicilio.
  • Día 13: A CNN difunde un vídeo no que Ben Laden di que calculou mal os efectos do 11-S: "Crin que só caerían tres pisos".
  • Día 14: Consello Europeo en Laeken, con manifestación dos sindicatos ás portas: 80.000 persoas.
  • Día 17: O PSD gaña as municipais en Portugal e demite Guterres.
  • Día 19: Garzón declara ilegal a organización Gestoras pro Amnistía, ao considerar que comparte os intereses de ETA e que é parte do seu entramado.
  • Día 20: Revoltas en Arxentina: 17 mortos, dous centos de feridos e demisión de De La Rúa e do seu goberno.
  • Día 20: Apróbase no Parlamento francés a autonomía para Córsega.
  • Día 21: Hamas anunciou oficialmente a tregua nos ataques a Israel.
  • Día 24: Adolfo Rodríguez Saá asume a presidencia do goberno arxentino logo de ser designado pola Asemblea Lexislativa.
  • Día 31: A Asemblea Lexislativa elixe o quinto presidente en dúas semanas: o peronista Duhalde.


O que aconteceu en Galicia | A rede no mundo | A rede en Galicia

« Vieiros