Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

En campaña: atención, linguas soltas!

"O concejal é unha persoa máis próxima ao pobo do que o son un concelleiro ou un conselleiro" Quen dixo que?

Redacción - 09:00 16/05/2007

"Todas as empresas humanas son camiños que hai que percorrer sen pisar a ninguén, salvo que se empeñen" (Manuel Fraga)

"Galiza ten agora dous copríncipes que pelexan por saír nos xornais" (Ana Pastor)

"Un alcalde do PP só serve para poñer o seu nome en placas" (Anxo Quintana)

"O programa do PSdeG di que hai que aumentar liñas de metro en Galiza. En Galiza non hai metro. Ese programa fíxose fóra daquí" (Alberte Núñez Feijoo)

"A Constitución Española estabelece tres niveis de xestión administrativa: municipios, deputacións, goberno autonómico e Estado" (Alberte Núñez Feijoo)

"O concejal é unha persoa máis próxima ao pobo do que o son un concelleiro ou un conselleiro" (Alberte Núñez Feijoo)

"Eu teño que traballar moitas horas no Concello, non podo andar debatindo por aí a todas horas coa xente, pero non se preocupe que aínda nos quedan polo menos cinco debates máis" (Xosé C. López Orozco)

"O PP está no centro cando vai a Lalín, que é o centro xeográfico" (Anxo Quintana)

"Falar da peste Fraga non é un insulto, é unha definición" (Xosé Manuel Beiras)

"Os do PP eran de moito pico e pouquiña pala" (Emilio Pérez Touriño)


Escoitaches en campaña algunha frase que che sorprendera especialmente? Podes deixala nos comentarios a pé desta nova ou enviala a redacción (arroba) vieiros.com


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: