Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

A igualdade nas listas non evitará o monopolio masculino nas alcaldías

Un total de 175 mulleres aspiran a alcaldesa. De máis dun milleiro de candidaturas só o 14.6% teñen unha muller nese primeiro posto.

Redacción - 13:00 18/05/2007

O BNG é a formación política que máis mulleres propón como candidatas a alcaldesa, un total de 64. A continuación, as listas do PSdeG teñen no primeiro posto até 52 mulleres e por último, o PPdeG inclúe 27 mulleres á cabeza de candidaturas. Outras formacións suman 33 candidaturas, atén un total, de 175 aspirantes a conseguir o bastón de mando.

Alén das tres principais formacións políticas, destaca o caso de Esquerda Unida, con sete números un, dúas delas en grandes cidades: Iolanda Díaz, en Ferrol, e María Luísa Fernández, en Vigo. Despois, aparecen as seis cabezas de lista de Terra Galega, e a continuación o Partido Galeguista, con dúas candidatas.

Son cifras significativas nas primeiras eleccións onde estará en funcionamento a lei de igualdade efectiva de homes e mulleres para as listas electorais, que esixe que nos concellos de máis de cinco mil habitantes cada xénero represente entre o 40 e o 60% do total da candidatura.

Algúns exemplos de candidatas á alcaldía son Vigo, Betanzos, Marín, Sanxenxo e Mos, polo PPdeG; Pontevedra, Oleiros, Narón, Arteixo, Vilalba, Silleda e Sanxenxo, polo PSdeG; Arteixo, Culleredo, Ribeira, Tomiño, Cangas e Burela, polo BNG. Un caso especial é o de Guitiriz, onde as tres candidaturas teñen unha muller á fronte. Na vila luguesa compiten polo goberno local as listas encabezadas por María Xosé Vázquez Lorenzo, no PPdeG; Pilar Cruz, polo BNG; e Rexina Polín, alcaldesa na actualidade, polo PSdeG.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: