ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

A túa análise electoral: A cinco días da votación

O blogomillo fala dos comicios: As Uvas da Solaina, Galpón de Breogán, Diario dun piso de estudantes, Apunta para non o esquecer, Ribadeando, A Teima...

Redacción - 14:15 23/05/2007
Tags: blogs

"Así vai a campaña". Debate na bitácora As uvas da solaina

"Antonio Pérez Insua é o actual alcalde con maioría absoluta e candidato polo PPdG a revalidala. Na súa campaña estivo facendo buzoneo (é dicir, como se fose publicidade, non a través de Correos e non só ós electores) cun folleto que impugnou a Xunta Electoral por firmar como alcalde". As municipais en Noia, no Diario dun piso de estudantes

"Santi, legaliza a marihuana e independiza Coia" . No Galpón de Breogán

"A miña postura era a de cuestionar a necesidade de construir a chamada Via Artabra fronte á conveniencia de deseñar unha rede de transporte público eficiente e sostible". Da cuestión do tráfico na área metropolitana da Coruña, en Apunta para non o esquecer

"Quen promete máis? Promesa de zucre e lava máis branco". En Ribadeando

"…e eu sen decatarme, pensando, paspán que sijo sendo, que ía votar para decidir quen gobernará en Ferrol nos próximos catro anos". Ninsesabepuntocom

"eu o que penso é en pedir outra caña en canto remate esta". O blog colectivo Elos

"Dende Seidón. Asociación Veciñal do Milladoiro contactamos con tódolos grupos políticos que se presentan a estas eleccións municipais". No blog do colectivo Seidón

"Vicente Irisarri ri da campaña electoral". Bitácora non oficial de Juncal

"Dentro de catro anos non queremos ver a mesma foto". Bitácora desde o barrio coruñés de Matogrande

"Eu non quero darme de vidente, nin fixen unha enquisa, mais non creo que as cousas vaian quedar así, nin tampouco como puxen na porra (8-8-3-2)". As municipais no Concello da Estrada, no blog O mundo desde un chimpín

"A campaña máis inxeniosa destas eleccións municipais". Caldelao de Caldelas.

"E haberá que recoñecer que o Partido Galeguista lle está dando moita vidiña á campaña destas municipais". No Andaime

"A política é a arte de buscar problemas, atopalos, facer un diagnóstico falso e aplicar despois os remedios equivocados". Desde Lalín, no blog A Teima.

Programas electorais dos partidos, no blog de Amigus.

"Premio a'O Máis Verzas nestas eleccións". Colazo en Galego de Seu

Sabemos do teu blog? Se non estás aquí ou non te viches nas pestanas de blogs de Vieiros, fainos saber da túa bitácora en redaccion (arroba) vieiros.com


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: