Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

A túa análise electoral: a dous días da votación

As eleccións no blogomillo: Bouzafría, Dende Sada, Xornal Aberto, Diário dum Suevo, Marcus, Zero Vacas, O mundo desde un chimpín, Outeiro, Diario dun piso de estudiantes...

Redacción - 13:34 25/05/2007
Tags: blogs

"Corina Porro ten tres escenarios favorabeis: maioría absoluta, apoio do compañeiro Soto, desacordo entre PSOE e BNG". Bouzafría

"Por egoismo. Simplemente por eso, necesitase un cambio, unha transformación... Refírome a Sada e o seu goberno. Digo por egoismo, xa que hoxe todo parece moverse por intereses". Dende Sada

"...ou que no concello de "aló" hai xente censada na estación de tren, en casas de turismo rural, en bodegas e, como non, en casas de xente que non ten nada que ver cos casos de corrupción e que, de repente, asómbrase de recibir no seu buzón tarxetas censais para catro ou cinco persoas máis das que viven na casa". Xornal Aberto

"Por primeira vez na miña vida non teño moi claro a quen votar nestas elección, nin sequera se vou votar" Diário dum suevo

"O vindeiro domingo chegan as Eleccións Municipais, e dende aquí quero lembrarlle á xente que vaia votar". Marcus

"Ferrol é o feudo de Paco, e un fracaso así non lle sentaría nada ben, sobre todo cando os resultados globais en todo o país non van ser malos para o Bloque". Zero Vacas

"O das eleccións este ano está dando moito xugo. Eu xa non sabía a quen votar, por iso montamos esto d@s RESENTID@S e o do Partido das Droghas Tradense". O mundo desde un chimpín

"A candidatura Rogelio Mora, alias el Manchego, foi toda unha sorpresa. O ex-policía municipal presenta unha lista que é tomada a broma por moita xente". Diario dun piso de estudiantes

"Quer na longa pré-campanha, quer no estrito prazo de campanha eleitoral, muitos candidatos do PP e nom poucos do PSOE, estám a utilizar maioritaria ou exclusivamente o espanhol nos comícios e intervenções públicas". Outeiro

Sabemos do teu blog? Se non estás aquí ou non te viches nas pestanas de blogs de Vieiros, fainos saber da túa bitácora en redaccion (arroba) vieiros.com


4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: