Malia que o balance de 2006 amosa un descenso do paro do 10%, o desemprego está moi por riba da media en Galiza. Ao tempo, temporalidade ou baixos salarios son tamén características do mundo laboral do país. Hai ideas para mudar a situación desde os Concellos?
Algunhas iniciativas concretas:
PPdeG:
-Redución do IBI para os locais de autónomos, nos seus dous primeiros anos de actividade.
-Creación de Escolas de Emprendedores e Redes de Mancomunidades Emprendedoras que actuarán como centros de orientación e formación para os emprendedores e os autónomos.
-Programas de asesoramento para a procura de emprego
-Programas mixtos de emprego e formación, como as escolas taller, as casas de ofi cios e os talleres de emprego, así como programas de garantía social.
PSdeG:
-Creación de Consellos Económicos e Sociais, como órgano consultivo, deliberativo e de participación, que asesore e propoña medidas que incentiven a actividade económica e a solidariedade local, nos que estarán integrados todos os axentes económicos do territorio.
-Impulso da creación da Mesa Local de Formación, en coordinación co resto de axentes sociais e económicos que ofrecen formación.
-Desenvolvemento de estudos de mercado sobre a zona ou actividade na cal se vai incidir, desenvolvendo políticas sectoriais apropiadas.
-Titorías de apoio ao emprendedor, e aos novos empresarios non só pola Axencia de Desenvolvemento Local senón tamén por outros emprendedores e empresarios.
BNG:
-Análise local e comarcal en planos de actuación que impliquen ás administracións e axentes sociais e que se dirixan ao sistema produtivo local, as súas potencialidades e á vocación económica do concello e comarca.
-Creación de sementeiras de empresas, mediante a oferta municipal de locais debidamente equipados, e de fácil acceso por parte dos emprendedores.
-Fomento de cooperativas e empresas de economía social mediante apoio técnico á súa constitución e subvencións ao inicio da actividade.
-Asesoramento e información a través de técnicos locais de emprego e centros de desenvolvemento local.