Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Mantén os feudos do Barbanza e Deza

PPdeG: Torres Colomer e Crespo pasan a ser os principais rexedores populares

Na lista de concellos máis poboados hai que baixar até Ribeira, na posición 13ª, e Lalín, no posto 22º, para atopar os primeiros gobernos do PPdeG, que malia recuperar cota nas cidades, cede importantes marxes de poder en todo o país.

Redacción - 10:30 28/05/2007
Tags: PPdeG

O PPdeG prosegue na costa abaixo que principiou nos comicios de 1999. Dende aquela a dereita non deixa de perder peso nos concellos aos poucos. Con respecto a 2003, o partido que agora tripula Feijoo cedeu mais de 44.000 votos e o que é máis significativo, 252 concelleiros. Por vez primeira, dende os tempo de Alianza Popular, a dereita non consegue chegar ao 40% do total dos sufraxios.


Feijoo dicía esta noite que o seu partido era outra vez a forza máis votada, pero non recoñecía que os conservadores están nas horas máis baixas da súa historia. Non terá ningún alcalde nos dez concellos máis poboados de Galiza, perde unha maquinaria electoral como é a Deputación de Lugo e até ve como se acenden luces de emerxencia en comarcas tan fieis como as de Deza e Tabeirós-Montes onde caen as alcaldías da Estrada, Silleda e até poida que a de Rodeiro. Louzán salva a cabeza como presidente provincial por un monllo de votos.


A perda de alcaldías e doutra deputación pode abrir máis chagas nun partido que non acaba de dixerir o ocaso da era Fraga. Feijoo terá que afrontar as vindeiras eleccións á Xunta cun poder local máis feble. As medias tintas acábanse. Políticos da relevancia de Xosé Manuel Barreiro apostaron pola conciliación entre as boinas e os birretes. Pero Feijoo apostou moi forte enviándoo a loitar a Lugo. As dúbidas sobre o futuro de Barreiro multiplícanse. Cacharro díxoo moi claro poucos meses antes das eleccións: “Se o PP perde gobernos, a recuperación será moi lenta, e alguén terá que render contas”.

Que xogaba o PPdeG? - Feijoo ou o pau enriba da mesaz


4/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: