A formación nacionalista tivo un pequeno retroceso que lle custou algo máis de 11.000 votos. Por primeira vez, o BNG non medra nuns comicios electorais. Mais este mal dato ten paradoxalmente unha cara positiva que se traduce nunha suba de 68 concelleiros.
O Bloque bate en óso nas principais cidades pero saca o peito en vilas moi importantes do país como é o caso de Carballo, Cangas, Ponteareas, Monforte, Boiro, Moaña ou Teo.
Se en 1999 as grandes urbes eran as que tiraban polo BNG, agora pérdense votos, e son os municipios medianos e pequenos os auténticos referentes da forza nacionalista. O BNG é a forza máis votada en 17 concellos do país e, en oito deles poderá gobernar en solitario.
Que xogaba o BNG? - Obxectivo, reiniciar a marcha
"Por primeira vez, o BNG non medra nuns comicios electorais". Nuns comicios electorais municipais, queredes dicir...
Foi o mesmo que pasou nas Autonímicas, de 17 a 13 e Quintana conseguiun un "orgasmo" político. Vamos, de coña!
Os resultados do BNG son agridoces, pero un dato positivo é q polo menos non voltou ser un desastre como nas autonómicas. Eso si hai casos nos que xa poderían ir dimitindo algúns como no Salnés ou en Ferrolterra ( que foi un escándalo).