Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


PACTO POLÍTICO

O BNG coruñés non pactará con Losada se non se muda a actitude cara o galego

Esixe que se retiren os recursos a prol de 'La Coruña' e que os textos municipais estean na lingua do país.

Redacción - 13:46 01/06/2007
Tags:

A xa tradicional teima dos executivos coruñeses contra a lingua do país pode pasar á historia. Na cidade herculina, socialistas e nacionalista comezaron as negociacións para un pacto que garanta un goberno estábel. O BNG local está facer especial fincapé na necesidade dun cambio de rumbo nas políticas lingüísticas.

Os de Henrique Tello poñen como condición inexcusábel para o acordo que se retiren todos os recursos xudiciais que defenden o topónimo de 'La Coruña'. Tamén demandan que as comunicacións do consistorio se difundan na lingua do país.


4,92/5 (24 votos)


Comentarios (4)

LOIS_DE_SILAN #1 1/Xuño/2007 LOIS_DE_SILAN
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"UN CAMBIO DE RUMBO NAS POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS"? Cal é a POLÍTICA LINGÜÍSTICA QUE DEFENDE O BLOQUE? Será aquela de que NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN CASTELA NA SÚA, sen prexuízo de usarmos linguas alleas, nomeadamente o castelán, con quen lexitimamente aínda descoñeza a lingua propia do territorio?

Evidentemente que a política lingüística dunha comunidade lingüística non se limita ó cumprimento do ordenamento (regra antes destacada no que respecta ós usos lingüísticos), senón que comprende tamén actuacións de modificación dese ordenamento e de intercambio cultural con outras comunidades lingüísticas amais das de normativización (léxico e normas gramaticais).

Sería conveniente que neste eido o Bloque explicitara cal é a súa política lingüística, e que a aplicara como tal Bloque ó conxunto da Galiza, obviando esa negociación da POLÍTICA LINGÜÍSTICA concello a concello...por moi importante que sexa o caso da Coruña!

Por outra banda, é obvio que no caso da Coruña ou no de calquera outro concello a negociación dos pactos debe abranguer todos os eidos nos que teñen competencias e capacidade de incidencia as administracións locais.

Fer #2 1/Xuño/2007 Fer
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lois_De_Silan... esse Copy&Paste...

Artritris #3 2/Xuño/2007 Artritris
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non agardaría menos ¿Cal é a noticia?

eloianton #4 10/Xuño/2007 eloianton
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa é hora de que o PSOE da Coruña se dea conta de que a súa actitude con respecto á lingua galega é un anacronismo inadmisible para unha cidade que presume de liberal e culta. Unha cidade que se abstrae da realidade e vai por libre. Unha cidade que presume de culta e négase a sí mesma o seu propio nome.

¡Qué pena chegar cun grupo de rapaces a visitar un museo da Coruña e que o profesor teña que facer traducción simultánea ó galego para os seus alumnos!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: