Publicado en liña por: Vieiros

Murguia

Edición editada por:

Colectivo Murguía e
Asociación Galega de Historiadores/as




Portada da revista

Nº13/maio-agosto 2007

A traizón ao Marechal Pero Pardo de Cela

A investigación histórica é ben sabido que ten un grande relevo, para alén da súa polivalencia, pola capacidade que ten para lexitimar ou deslexitimar un statu quo. Neste senso, ben certo é que teñen en multitude de casos camiñado da man historiadores de políticos e políticos de historiadores. Isto non significa que detrás de todos e cada un destes últimos haxa un interese político á hora de desenvolver a súa tarefa investigadora; ora si, en todo caso, unha ideoloxía, máis ou menos acentuada.
Adoita o stablishment, da cor que for, de se rodear dunha cohorte de "intelectuais", para alén de especialistas varios, que lle dean verosimilitude ao seu proxecto; denostando e punindo, parello e cando puider, a aqueles e aquelas que non fican ao seu redor e mesmo son críticos.
Seguir lendo

75 ANOS DESPOIS

Manifesto Galeusca

[16/07/2008 17:49] Desde hai meses diversos historiadores galegos, vascos e cataláns estiveron a traballar de cara a conformar un Galeusca que lembrara a vella unión tripartita 'Galeuzca'.

Diversas xestións, contactos e reunións deron lugar a un encontro que, para alén dun manifesto, pretende ir máis lonxe. Contodo, o punto de partida é o documento que asinan nun inicio máis de trinta investigadores e docentes de Historia dos tres países.

Lembranza do soberanismo galego

[10/06/2008 10:18] Desde que no 1942 as galegas e galegos expatriados, exiliados en América do Sul acordaran instituír o 17 de agosto 'Día da Galiza Mártir', máis un fito ficaría chantado na nosa Historia.


Centro Galego de Castellò acolle charla da Revista Murguia

[23/05/2008 12:52] Tras a súa apresentación en Ourense, a Revista Murguia viaxa a terras do País Valenciano, para levar a recuperación da historia galega un pouco máis lonxe. A conferencia organízaa o Centro Galego de Castellò, e servirá para apresentar o proxecto diante da nosa comunidade emigrante naquela localidade catalá.



Outros artigos:

Noticias anteriores

Números anteriores:

Opinión

Ver todos

Enquisa

¿Cómpre retirar das rúas toda simboloxía franquista?





Ver resultados


© Vieiros 2005