O URL das ascuas.
As ascuas do cepo de
nadal tiña propiedades máxicas. Por iso non se
guindaban como se fai decote coa borralla, senón que os
carbóns grandes eran ben gardadiños nun recuncho por se
fixeren falta de outra hora no futuro.
Pero para facermos ascuas precisamos primeiro un bo cepo.
Con raíces de cerne para non se consumir de contado. E fai
falta avivar no lume. Mentres haxa xente, haberá quen lle dea
unha volta para que non morra. E facer así tizóns para
brincaren con eles os cativos e cativas facendo redondeis de luz na
escuridade. E como diría don Ramón Otero
Pedraio, irmos arredando os carbóns
feiticeiros para os días dos lóstregos...
Volver a Vieiros