XACOBEO
     






 



Chat de Vieiros

Vieiros ofreceralle ás galegas e galegos a oportunidade de conversar con persoeiros da nosa terra co obxectivo de aproximarlle á comunidade cibernética a nosa realidade cultural e social.

Para tal fin abreuse un Chat operativo en ocasións puntuais e previamente anunciadas, que conta coa participación de invitados especiais. Para facer uso de conversacións xerais sobre Galicia, en calquera momento do mes, a calquera hora, recomendamos que vaiades ás páxinas de Edmundo onde se informa sobre o IRC e a canle Galicia. Outras canles locais ou de temas específicos están en proceso de creación e serán oportunamente incluídas na sección de recursos de Vieiros.

No Chat de Vieiros os temas serán desenvolvidos previamente nun web e logo presentarase a unha persoa de relevancia coa que se conversará en tempo real. O servidor utilizado para esta ocasión é específico de Vieiros e Cif&Net polo que haberá que conectarse directamente e non a través de sistemas de chat máis amplos como a undernet.

Vieiros agradécelle a CIF&NET a súa colaboración tecnolóxica para levar a cabo este chat.



Cómo usar Global chat e o servidor de Vieiros.

Existen diversas aplicacións para facer uso dun Chat. Recomendamos Global Chat porque, malia non ofrecer capacidades tan amplas como outros programas clientes (participación en máis dunha canle, coller sysops, etc.) estas opcións estan concibidas para o seu uso en redes como a undernet. Para o Chat de Vieiros cumpre con sobras os requisitos e conta co valor engadido de ser moito máis doado de usar.

Global Chat, distribuído gratuitamente por Quarterdeck's, é usado por websites como Clarin, Times, Vilaweb ou MTV.


1. Baixar Global Chat

Global Chat para Windows 95/NT v. 2.0 Beta

Global Chat para Windows 3.1 v. 2.0 desde o Global Chat ftp server ou desde un servidor alternativo

Global Chat para Macintosh. Deberase usar Stuffit Expander para poder abrilo.
Baixar a versión 1.3.3

Global Chat para SunOS 2.1.x con X/Windows (arquivo tar)

Global chat para Sparc Solaris 2.x con X/ Windows (arquivo tar)

Global Chat para SGI IRIX con X/Windows (arquivo tar).

Consultade o servidor de Global Chat para outras versións (AH, AIX, DEC, Linux e BSDI).


2. Acceder a un Chat

Unha vez baixado o software, estes son os pasos para configuralo e acceder ó chat de Vieiros, só operativo en ocasións especiais, para falar en calquera momento con outros galegos e galegas recomendamos a canle #galicia (especificacións para o seu acceso máis tarde).


2.1. Servidor IRC de Vieiros.

Abrir Global Chat e escoller "New" no menú. Configuralo do seguinte xeito:

1. Connect to: escribir "vieiros".

2. Nickname. Escoller o alcume que se vai usar. Para o chat de Vieiros recomendamos usar o propio nome, aínda que non é, de ningunha maneira, obrigatorio; de tódolos modos prégase non usar alcumes ofensivos para outras persoas. Sen alcume non se pode entrar no chat.

3. Configurar tódolos datos de conexión tal e como se especifican:
Connection Label: Vieiros
Server name or IP: irc.cif.es
Port number: 6667
Initial channel:#vieiros
Channel Password: deixar en branco

4. Os datos do recadro "optional personal information" son sobre vós mesmos e, por suposto, optativos, dependen de se queredes que outras persoas saiban máis sobre vós (o voso correo, nome real ou páxina web).


Unha vez cumprimetados tódolos datos premer no botón Save and Connect.


2.1.2 Canle Galicia

1. Escoller opción Undernet.

2. Configurar do seguinte xeito:

Connection Label: undernet

Server name: caen.Fr.eu.Undernet.org (ou podedes usar calquera dos outros servidores oficiais de Undernet)

Initial Channel: #galicia

Channel Password: deixar en branco.

3. O alcume (nickname) adoita ser variado nesta canle.



Pódese usar calquera outro software para conectarse a Vieiros. Existen programas clientes moi avanzados con múltiples opcións que vos recomendamos se ides facer un uso frecuente do IRC.
Especialmente aconsellable é o MIrc que é, sen dúbida, o mellor software cliente para IRC.


Ir arriba