|
Nós que nacemos en Cuba temos o costume de ter unha gran cea de familia
na noite do 24 de Decembro... Noite Boa. A comida cubana tradicional nesa
cea é o leitón, o porco asado. Toda a outra comida pode cambiar pero o leitón non pode faltar. Sempre imaxinei que tódolos pobos de Iberia celebraban a Noite Boa o 24 de decembro. Eu sei que os Mexicanos a celebran. Pero, hai dous anos, invitamos a unha familia catalana que estaba de visita aquí nos EEUU a Noite Boa e deume unha gran sorpresa que nunca oíran falar do costume de Noite Boa. ¿É a noite Boa un costume que se atopa en Galicia? Para coñecemento noso nas Américas que non nacemos en Galicia, ¿cales son os costumes de Nadal en Galicia? E os nosos amigos da rolda na Arxentina... ¿cales son os costumes aló? ¿Será a Noite Boa un costume só das Américas e non de Iberia? Bo Nadal, Fernando Lamas Port Towsend EEUU |