Calor para o Cepo de Nadal

      Acá en Brasil non vai frio pola época de Nadal, moito polo contra, vai un calor de can, aínda que na maioria das veces, hai tronadas, lostregos, e moita chuvia de verán. Anque haxan lareiras, en moitas casas do sul, pola noite de Nadal non hai lume nelas.

      En noiteboa hai Misa do Galo, e mesmo nas casas onde non soen ir a misa, hai unha reunión familiar, a cal se incorporan os outros galegos así como os non galegos e facen un percorrido, uns a cas dos outros para desexaren as costumeiras saudacións natalicias.

      Moitas lámpadas son acendidas polas pólas das árbores que quedan á frende da casa, así como por diversas partes onde se poida poñer unha lámpada que acende e apaga intermitentemente.

      Hai tamén a tradicional doazón de regalos os cativos, e unha troca de presentes entre os adultos.

      Xa o inicio de decembro comezase a repirar un ar distinto, como unha preparación para o Nadal. As persoas que non poderan, por estas fechas, ir á Galicia a visitar un familiar e as que xa non ten familiares a que visitar en Galicia, soen facer unha reunión, onde hai de todo de comer e beber, como un Nadal anticipado. Hoxe (8/12) fun, xunto con diversos galegos, homenaxeado nunha reunión destas, pois pola primeira vez en miña vida, saio do país, e non podería visitar outro sitio que non fose Galicia.

      Hoxe por hoxe, gracia os avances tecnolóxicos, Galicia queda cerquiña de calquera lugar do mundo, a través de TVE có programa "Desde Galicia para el Mundo" e a través de Internet có xornal "O Correo Galego", Vieiros (o seu barrio galego), e principalmente pola Radio Galega, a cal nos dá a oportunidade de que oiamos o noso rouco son.

      Anque non haxa fisicamente un cepo de Nadal acá, si que hai unha forte chama dos nosos corazóns, en unha confraternización que abarca tódolos pobos do mundo.

      Un agarimoso saúdo desde Niterói, Estado do Río de Xaneiro, Brasil


      Claudio Gouvea
      
cgalicia@br.homeshopping.com.br


Volver ó Cepo de Nadal