Aquí en Malasia o Nadal e o Aninovo pasan desapercibidos maiormente porque o 89%da poboación son musulmáns crentes e practicantes e gran festa de Ramadán o EID e o ano novo musulmano celébranse en Febreiro e Agosto respectivamente, non obstante a colonia española que temos aquí, a maioría xente de Entrecanales que están finalizando as torres máis altas do mundo, sicelebran as festas do Nadal con turrón, xamón e todo o demais, para iso poñemos a disposición o Hotel Meliá de Kuala Lumpur e a súa xerencia Española que son moi amables e moi bos compatriotas.

      Eu, persoalmente, o do Nadal non me importa moito posto que son un Galego Musulmán e practico e sigo as tradicións musulmanas (dentro do que considero persoalmente razonable) non obstante a veces sigo ós meus amigos a festas e demais dentro do contexto das festas do Nadal e durante as festas musulmanas tamén os invitamos a eles ás nosas festas tradicionais.

      A todos os roldeiros e Galego, deséxovos un feliz Nadal e Próspero Ano Novo de 1997, desde Kuala Lumpur, Malasia.


      Manuel Matalobos y Otero (Ibrahim Abdullah)
      Bsc Eng. & MBA
      Director Comercial para Asia e Pacifico de:
      -ENTRECANALES - CUBIERTAS


Volver ó Cepo de Nadal