
|
|
Panxoliñas
Para poder escoitar estas panxoliñas é necesario que instales no teu navegador o plug-in de Schockwave.
Recoméndase tamén utilizar un modem de 28800 bps.
- Falade ben baixo
- Os vilancicos levan en Galicia propiamente o nome de Nadales ou Panxoliñas. Falade ben baixo é unha panxoliña interpretada en versión coral.
- No Portaliño de Pedra
- Das panxoliñas tradicionais fanse cada ano diferentes adaptacións. Escollemos para esta ocasión a que fai Ana Kiro.
- Sobre o sol e a lúa
- Cantareliña aglutinou a centos de nenos e nenas de toda Galicia cunha mesma idea: cantar en galego. Dende hai cinco anos, cun propósito semellante, ten lugar o concurso galego de panxoliñas. Na final do ano 1995 os alumnos e alumnas do C.P. Rosalía de Castro (Lugo) interpretaban esta panxoliña.
- Cantemos todos xuntos
- Parafraseando a Celso Emilio, "o neno cantaba/ unha espranza". Nesta ocasión quen cantan son os rapaces e rapazas do Colexio Nª Sª de Fátima (A Rúa/Ourense).
- Mariñeiro
- O profesor Rodríguez Lapa apón orixe galega ós vilancicos españois e portugueses: o galego foi a lingua oficial do vilancico. Dende o Arquivo Sonoro de Galicia chéganos esta cantiga cantada por Encarnación Lamelas.
- Montañesa
- Recollida na zona da Fonsagrada pola agrupación Berce e interpretada por Durindaina, unha muiñeira que tamén se tocaba durante o ciclo do Nadal.
Ir arriba
|