|
O BELÉN O primeiro belén pintouse nunhas catacumbas. Os cristiáns do século II querían lembrar cómo fora a escea do parto de María, nun alboio de pastores da aldea de Belén, sete quilómetros ao sur de Xerusalén. Dende entón ata agora moito ten evoluído esta afección a contruír figuriñas de pastores, bois e reis magos. Ata o século XVII os beléns facíanse con figuras de gran formato e representaban fundamentalmente a escena do nacemento (aínda que algún podían tamén incluír a adoración dos Reis ou o anuncio aos pastores).
Aquí vos presentamos unha axenda dalgúns dos mellores beléns de Galicia, para que organicedes as vosas visitas. Ourense O Belén de Baltar. Un dos máis grandes e espectaculares, con figuras galegas. Igrexa de San Cosme, na zona vella. Aberto a partir do 19 de decembro. Os laborais, de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. Os festivos, de 17:00 a 21:00. Begonte (Terra Chá) Belén eléctrico e móbil, realizado na súa maior parte por José Rodríguez Varela. Centro Cultural Domínguez Guizán. Ábrese a partir do día 15 de decembro, cun pregón. Os laborais, de 15:00 a 19:30 e os disantos de 11:00 a 14:00 e de 15:00 a 20:00. Máis información para grupos no teléfono 982 396121 Ferrol Belén animado, con xogos de luces e auga, da autoría do afeccionado Alfredo Martín. Na Igrexa da Orde Terceira (Rúa San Francisco). Pode visitarse en horario de 17:00 a 21:00 nos días laborais. Os festivos as sesións transcorrerán entre as 12:00 e as 14:00 pola mañá, e entre as 16:00 e as 21:00 polas tardes. A Coruña Belén do colexio da Grande Obra de Atocha. Ábrese o día 25 de decembro na súa nova ubicación da rúa Baltasar Pardal Vidal, 1. Pódese visitar de 17:00 a 19:00 horas. Tamén se pode visitar o belén municipal, instalado na Casa do Concello (Praza de María Pita). Vigo Belén de Caixanova. Oficinas centrais de Caixanova, na rúa García Barbón, 1. Outros beléns na cidade olívica: o das Monxas dos Anciáns, en Alcabre; o do Colexio de discapacitados San Rafael, na rúa Tomás Alonso; e o municipal, no Parque de Bombeiros. «« Vieiros | « Especial Nadal |
|
||||||||||||||||