Biografía |
![]() |
|
![]() Gonzalo Navaza |
Gonzalo Navaza, profesor de traducción do portugués na Universidade
de Vigo, lexicógrafo e especialista en toponimia e antroponimia,
é membro da Comisión de Toponimia e coordina a área de diccionarios
de Edicións Xerais de Galicia . Realizou a edición crítica de "Longa noite de pedra" de Celso
Emilio Ferreiro. Ten publicados dous poemarios: "Fábrica íntima"
(1991), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón de 1989 e Premio da Crítica
Española en 1992; e "A torre da derrota" (1992), versos palindrómicos.
Como traductor verqueu para o galego obras de Jack London ("A
chamada da selva"), Georges Perec e Robert Graves. Recibiu o Premio
Ramón Cabanillas de traducción literaria en 1989 pola súa versión
para o galego de "O can dos Baskerville" de Conan Doyle. Como
narrador ten publicado "Erros e Tánatos" (1996), relatos. Días antes de te-lo accidente, Gonzalo Navaza remataba para item:)aga o guión do CD "Galego, lingua propia de Galicia. Unha viaxe interactiva pola lingua galega", e estaba a piques de rematar un amplo website sobre a nosa literatura para a Universidade de Vigo. Coma internauta, Gonzalo Navaza é o autor dun magnífico website titulado E TI O NAVÍO NA NOIVA NOITE , unha páxina chea de literatura, creación e bo humor. Nel poderás encontra-lo Panteón de Lalinenses Ilustres, a sorprendente sección de Palíndromos (palabra ou texto que se le igual de atrás para diante e de diante para atrás), disfrutar dos seus últimos traballos narrativos e consultar unha sección literaria, Furabolos, constantemente actualizada polo autor, que achega links ás obras e autores máis importantes da literatura mundial,incluíndo linguas, ademais do galego, coma o inglés, francés, portugués, catalán, alemán, castelán, etc... |