O proceso normalizador da língua e cultura galegas encontra-se, nestes momentos, nun período de pasividade, se non de retroceso, apenas contrarrestado polos esforzos e tentativas xenerosas de diversos colectivos e cidadaos/as para impedir que se torne en irreversível a perda da nosa identidade, posibilidade e soberania cultural como povo. Frente a calquer sentimento de derrota ou desánimo, as persoas que aderimos ao presente Documento entendemos que unha mudanza de rumo é precisa. Unha mudanza que poda ser motor de optimismo, que impida que nos resignemos, convencidas/os de que as sociedades imóveis, só teñen como movimento o que as conduz ao seu desaparecimento como entidade. Unha mudanza e um novo impulso que deven abranxer todas as áreas do noso tecido produtivo, desde a área cultural à técnica e científica. E esa mudanza a que chamamos queremos simbolizá-la en recuperar o nome que nos identifica desde as nosas orixes como Povo: Galiza. Porque Galiza é a única forma que aparece nos escritos do noso País cando na Idade Média a nosa língua funcionava como veículo normalizado, non interferida polo proceso castellanizador. Porque Galiza foi emblema de fundamentais fases de dinamismo na nosa história, elemento identificador dos desexos e obxectivos do galeguismo histórico que perfeitamente exemplifica Daniel Castelao e o seu Sempre en Galiza. Este, Galiza, é o noso nome próprio, constitui a nosa marca diferencial como colectividade, simboliza a vontade colectiva de sermos nós, e a nosa maneira de sermos e relacionar-nos co mundo. Co desexo de aunar vontades, de iniciar novos camiños para continuar a construir a nosa dignidade, solicitamos a toda a cidadania galega que se sinta identificada neste horizonte que adira à campaña que tentará alcanzar os referidos obxectivos Para normalizar GALIZA, LEGALIZA GALIZA Santiago de Compostela, 28 de Xuño de 2001 Lista de asinantes Xurxo Alonso, Afonso Álvarez-Cáccamo, X.M. Álvarez-Cáccamo, Dorotea Bárcena, Salvador Bará, Nemésio Barxa, Maria Bouzas, Xosé Manuel Cabanas Cao, Berta Cáccamo, Quico Cadaval, Fernando Cadaveira, Emilio Cao, Luis Caramés, Francisco Carballo, Joám Carmona, Xan Carlos Carreira, Pepe Carreiro, Xan Cejudo, Concha Costas, Xesús Couceiro, Xavier Cuíñas, Chito, Isaac Díaz Pardo, Lois Diéguez, Xosé Luís de Dios, Alfonso Eiré, Kini Farinha, Miguel Anxo Fernán-Vello, Lourenzo Fernández, Ramón Flores, Carlos García Fernández, Xerardo García Mera, Carlos Garrido, Marcial Gondar, Henrique González, Justo González Beramendi, Antón Goyanes, Ánxel Huete, Ladislao, Leandro, Margarita Ledo, Miguel de Lira, Cláudio Lôpez, Edelmiro López, Ramom Lôpez-Suevos, Manuel Lourenzo, Manuel Maria, María Manuela, Xaquín Marín, Carlos Paulo Martínez-Pereiro, Pilar Martínez 'Pilocha', Xosé Maria Masa, Martinho Montero Santalha, Tareixa Navaza, Xabier Olariaga, Pilar Pallarés, Quico Paz Antón, Bernardo Penadade, Isaac Pérez Vicente, Francisco Pillado, César Portela, José Posada, Xavier Queipo, María X. Queizán, Manuel Rei Méndez, Afonso Ribas, Silverio Rivas, José Luis Rodríguez, Júlio Rodríguez, José António Souto, Xurxo Souto, Suso de Toro, X.M.Tomé, Jurjo Torres Santomé, Xosé Manuel Sarille, Uxia (Chouteira), Uxía Senlle, Xulio R. Valcárcel, Víctor Vaqueiro, Raúl Veiga, Roberto Vidal Bodaño, Vidal Souto, Luísa Villalta, Ramón Villares, Cipriano Ximénez. |