O ex-presidente arxentino Carlos Ménem segue zafando dos xulgados en Arxentina. Desta volta, a presunta incompetencia xudicial nas peticións a Suíza de información sobre as súas contas, impediu que se levantase o requerido secreto bancario. Os erros axudan á estratexia de Ménem para ir adiando a investigación e escapar tamén dun posible delicto de omisión maliciosa de datos que prescribe proximamente e que o podía deixar fóra da carreira presidencial. Xa lles contamos hai pouco do apoio dun grupo de empresarios 'menemistas' para lanzalo outra vez á presidencia aproveitando o caos que vive o país.
.