Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COLABORACIÓN NO IMPULSO DO AUTOGOBERNO

BNG, PNV e CiU: posíbel pacto para as europeas

Os asinantes da Declaración de Barcelona deixaron para abril a decisión final sobre unha posibel lista conxunta na eurocita coas urnas o próximo mes de xuño. Acelerar os respectivos procesos de reforma estatutaria en Cataluña, Euscadi e Galiza a través do deseño dunha estratexia conxunta no novo escenario político dende o 14M é o obxectivo clave das tres forzas.

- 08:15 24/03/2004
Tags:

O recoñecemento xurídico-político das realidades nacionais vasca, catalana e galega e o recoñecemento da plurinacionalidade e asimetría política do Estado está na base do documento asinado en Madrid este martes por Josu Jon Imaz, Anxo Quintana e Duran i Lleida. Á beira, as tres formacións reafirman o seu compromiso coa necesidade dunha ‘rexeneración democrática’ no debate político desta lexislatura e subliñan o seu compromiso co funcionamento das institucións do Estado.

BNG, CiU e PNV decidiron deixar para unha próxima reunión a decisión final sobre a presentación dunha candidatura conxunta ás próximas eleccións europeas. Lembrámoslles que a ampliación da UE reduce o número de asentos aos que poden aspirar os eurodeputados estatais, circunstancia que complicaría a loita por representación no Europarlamento das forzas minoritarias.

Segundo o voceiro nacional do BNG "non abonda con deixar atrás unha etapa de involución uniformista e centralizadora. É tempo de dar pasos reais e decididos cara un novo modelo de Estado plurinacional e asimétrico". Logo da xuntanza das tres formacións, declarou tamén Quintana que unha nova relación entre Galiza e o Estado español debe pasar polo recoñecemento "do noso carácter nacional, do noso status constitucional de nacionalidade histórica xunto con Euskadi e Catalunya" e engadiu que ese recoñecimento debe ter "conscuencias práticas e positivas para o benestar dos galegos e das galegas".


Documentos

Ligazóns

0/5 (0 votos)