Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTINÚA A BUSCA DE CINCO DESAPARECIDOS

Atopan os cadáveres de cinco mariñeiros do pesqueiro afundido nas Sisargas

Pouco despois do mencer, os equipos de salvamento atoparon mortos cinco dos dez tripulantes do 'O Bahía'. O pesqueiro afundiu na noite do mércores, marcada polos fortes ventos, preto das illas Sisargas. O barco, de cinco anos e fletado por un armador de Cesantes para a pesca do bocarte estaba tripulado por mariñeiros naturais de Redondela, Cangas, Panxón e Cambados. Chegaba de volta de faenar en augas de Euscadi e fixera a última escala no porto lugués de Burela camiño do porto de Vigo.

  • Crónica dun naufraxio
  • "O Bahía" participou activamente na loita contra a marea negra na ría de Vigo

  • - 12:35 03/06/2004
    Tags:


    0/5 (0 votos)