Só un 7% dos portadores do virus nos países pobres teñen acceso a menciñas para o tratamento da infección. A maioría dos case corenta millóns de infectados viven na África subsahariana e case cinco millóns de persoas contraeron o VIH durante o 2003. O avance da enfermidade é tamén especialmente rápido en China, na India, Rusia e no leste de Europa. Segundo o informe ONUSIDA, publicado esta semana, a metade da poboación na India, con 4,5 millóns de infectados, nin oíu falar do becho nin sabe como evitar o contaxio; en Suráfrica, o país con máis afectados (5,3 millóns), só 5.000 persoas son tratadas e en países coma Botsuana e Suacilandia case o 40% do pobo é portador do VIH.