O que parecía imposíbel na rede, acaba de acontecer. Desde as 5 e cuarto da tarde de onte e ata media noite, os millóns de usuarios do principal buscador de internet, Google, atoparon unha mensaxe de Erro no Servidor: "The service you requested is not available at this time. Service error -27", cando intentan facer unha busca. Os técnicos de Google afirmaban que descoñecían o problema que causou a caída do servidor, pero apuntaban que podería ser obra da última versión do virus MyDoom, que utiliza os buscadores para espallarse.
O resto dos buscadores máis visitados da rede, Altavista ou Alltheweb, funcionaron, pero moi a modo e con graves atrancos. Aquí hai máis información sobre o ciberataque.
Google está preparando a súa saída a bolsa. A empresa anunciou que colocará no mercado de valores 24,6 millóns de accións a un prezo de entre 180 e 135 dólares. Google ingresará entre 2.657 e 3.321 millóns de dólares coa entrada no índice Nasdaq que agrupa as empresas que se dedican ao mercado tecnolóxico. A compañía preparou unha páxina para poder poxar polas accións.