Reunido en asemblea este mércores, o sector galego do guindastre decidiu sumarse á folga indefinida que se estende xa á maior parte do Estado. Fronte á situación, que coincide coa volta das vacacións de agosto dun alto número de coches o goberno central anunciou un plan especial para diminuír os problemas nas estradas.
Unha media duns 200 vehículos poderían quedar nas estradas galegas cada día, toda vez que esta vén sendo a media de chamadas que reciben as empresas encargadas da retirada de coches accidentados e avariados. Os servizos mínimos dispoñibilizarán guindastre unicamente para casos extremos nos que o vehículo inmobilizado impida a circulación ou poña en risco grave ao resto de conductores.
Dende o goberno central coordínase un plan de emerxencia para diminuír as consecuencias do paro que avalía o uso de todo tipo de recursos das administracións central, autonómica e local. Así, poderían usarse para a retirada de vehíxulos guindastres dos concellos e do servizo de bombeiros.