Alberto Núñez Feijoo recoñeceu que "existe un problema" no PPdeG e advertiu que "non se está acertando" coa solución. Segundo Europa Press, o vicepresidente primeiro da Xunta, declarou tras entrevistarse con Manuel Fraga que a situación que está vivindo o partido "non é a mellor". "Deille a miña opinión, pero non vou facela pública por lealdade ao presidente e ao partido", sinalou, pero engadiu que "hai xente e militantes" que non están entendendo o que está pasando e "hai que buscar unha solución". Preguntado sobre se pensa demitir, Núñez Feijoo contestou que el é vicepresidente primeiro do goberno "mentres o presidente non o cese".