Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O CES CHAMA Á MOBILIZACIÓN DOS VIGUESES

Convocan unha manifestación a prol do arrastre e contra a actuación de Greenpeace

"Pensamos que están provocando", criticou este xoves a alcaldesa Corina Porro en referencia á chegada do barco de Greenpeace ao porto de Vigo. Durante a xuntanza do Consello Económico e Social por ela presidido, houbo unanimidade na condena ao que se denominou "acoso á flota galega". Entre outros, PP, PSOE, BNG, PG, UXT, CCOO, CIG, a Federación de Veciños, a Cámara de Comercio e a Confederación de Empresarios apoian a manifestación convocada para ás 17h. deste venres. Mentres, os ecoloxistas suspenderon as actividades de educación ambiental no barco porque a Autoridade Portuaria lles comunicou que non podía garantir a seguridade dos cativos.

  • Anteriores: Armadores e mariñeiros do arrastre protestan pola presenza do barco de Greenpeace en Vigo
  • Os ecoloxistas galegos apoian a campaña de Greenpeace contra o arrastre de profundidade
  • Os argumentos científicos dos ecoloxistas: o impacto dos arrastreiros

  • - 13:02 19/11/2004
    Tags:


    0/5 (0 votos)