Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POSÍBEIS COMPLICACIÓNS NAS ESTRADAS

Guindastres en folga por tempo indefinido

A maior parte dos guindastreiros acollidos na Asociación de Empresas de Guindastres e Auxilio de Galiza, (ACEGA), secundará o paro. O sector reclámalles ás aseguradoras que respecten as tarifas por servizo que fixou un informe independente. Pero a patronal de aseguradoras, Unespa, oponse. Os e as condutoras poderán reclamarlle os servizos á súa aseguradora, que deberá indemnizalos dalgunha forma se non os pode facilitar. Os servizos mínimos, que aínda están sen fixar en Galiza, cubrirán cando menos os accidentes. Ademais, a Dirección Xeral de Tráfico puxo en marcha un operativo especial para garantir a seguridade e a fluidez nas estradas en caso de avarías. Na anterior folga do verán a DXT publicara estas recomendacións para os automobilistas.

  • Anteriores: A folga do pasado agosto
  • Que facer para reclamar

  • - 14:15 21/01/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)