Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FOLGA DE GUINDASTRES EN LUGO

Xa pasou a vaga de frío?

O temor aos sinistros nas estradas galegas debido á vaga de frío e á folga de guindastres vai esmorecendo. Por unha banda só na cidade de Lugo continúa o paro dos operarios dos guindastres e pola outra a situación meteorolóxica non está a ser tan crítica como se esperaba. As máximas temperaturas están en niveis baixos e as mínimas poucos graos por riba do cero pero non se acadan graos negativos tal e como se esperaba, aínda que o vento do norte provoca que a sensación térmica sexa de moito frío.

- 11:51 26/01/2005
Tags:

A previsión meteorolóxica para os próximos días lonxe de sinalar que a situación se agrave fala dun aumento de temperaturas e dunha lenta retirada da fronte fría. O tempo continuará así ata a fin de semana, con nubosidade e febles chuvias no interior e nubes e claros na zona sur. Nevará por riba dos 500-600 metros tanto o xoves coma o venres e o vento continuará do norte. Canto ás temperaturas, as máximas manteranse baixas e só o sábado haberá un lixeiro ascenso das temperaturas máximas e mínimas. A sensación térmica seguira a ser de máis frío do real a causa da pouca humidade e os ventos de compoñente norte.

  • Meteogalicia
  • Dirección Xeral de Tráfico
  • Anteriores: Guindastres en folga por tempo indefinido


  • 0/5 (0 votos)