Cuns ingresos de 502,55 euros cada mes, os pensionistas galegos sofren da cifra máis baixa en todo o Estado, lonxe dos 605,33 euros da media estatal. Son datos do ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, que subliñan a fenda aínda maior nas provincias do interior. Así, Lugo e Ourense son pechacancelas da estatística, con ingresos respectivos de 453 e 444 euros. Por riba, os pensionistas coruñeses chegan aos 532 euros e os pontevedreses quedan nos 527,5. Ás pensións máis altas están en Euscadi, con 767 euros de media. Galiza suma o 8,7% dos pensionistas do Estado.