Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AOS 89 ANOS, NA SÚA GRANXA DE CONNECTICUT

Morre o dramaturgo estadounidense Arthur Miller

O escritor estadounidense Arthur Miller, autor de 'O crisol' ou de 'A morte dun viaxante', faleceu o xoves á tarde aos 89 anos. Miller, un dos dramaturgos máis importantes do século XX, nacera en Nova York en 1915, dedicouse ao xornalismo e foi perseguido durante a caza de bruxas do senador McCarthy polas súas posíbeis relacións co comunismo. Casado durante cinco anos con Marilyn Monroe, gañou o Pulitzer en 1949 por 'A morte dun viaxante', a súa única obra traducida ao galego. Outras obras del son 'Unha vista dende a ponte' (Pulitzer en 1955) ou 'O derradeiro yankee'. Máis información na CNN

- 17:05 11/02/2005
Tags:


0/5 (0 votos)