Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEMISIÓN DO PRESIDENTE DO CONSELLO NACIONAL DO BLOQUE

Quintana evita criticar a Beiras e di que "sempre terá un posto destacado no BNG"

"Non teño consciencia de terlle faltado ao respecto; e de ser así, non teño ningún reparo en pedirlle desculpas". Nunha comparecencia ante a prensa, "para porlle voz ao comunicado da Executiva", o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana evitou criticar a decisión de Beiras de demitir como presidente do Consello Nacional e procurou transmitir, segundo dixo, "unha mensaxe de normalidade e tranquilidade á militancia e á sociedade". Preguntado sobre o posto que ocupará Beiras a partir de agora, Quintana respondeu que "ocupe o posto que ocupe, Beiras non é un militante calquera. Sempre terá un posto destacado no BNG e contaremos con el". Para Quintana, "nada distrae" neste momento o obxectivo do Bloque "centrado en conseguir un cambio galego nas próximas eleccións".

  • Anteriores: Beiras demite como presidente do Consello nacional do BNG
  • Sorpresa e expectación, reaccións á demisión de Beiras
  • Opinións desde fóra, Vicent Partal, director de Vilaweb, e desde dentro, Ramón Villares
  • A historia recente do BNG en Vieiros:
  • Móvese a espiral?, especial X Asemblea
  • Mar de vento ou mar de fondo, dossier sobre a XI Asemblea
  • Entrevista con Beiras en xullo de 2004

  • - 16:11 12/04/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)