Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FRONTE ÁS PROPOSTAS DE GALIZA E EUSCADI

Pesca defenderá a candidatura madrileña para o "comité de augas afastadas"

Euscadi, Andalucía, Canarias e, sobre todo, Galiza, reúnen a flota estatal vencellada co sector de augas afastadas. A secretaría xeral de pesca marítima do ministerio de Agricultura e Pesca decidiu finalmente que vai propoñer a Madrid como sede do organismo rexional europeo neste eido. Os argumentos: a diverxencia entre as candidaturas formuladas anteriormente por galegos e vascos e a presunta inexistencia de comunicación formal desas propostas. O executivo subliña que a idea desta axencia pesqueira foi iniciativa do propio goberno español, malia que iso non implica que a sede final non poida ir para outro Estado europeo, toda vez que a decisión final vaina tomar a asemblea xeral do sector na UE, que se reunirá nos próximos meses.

  • Anterior: A Xunta critica que o goberno central privilexie a candidatura de Madrid para o "comité de augas afastadas"

  • - 09:26 13/04/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)