Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
G>2005

Comeza a guerra das sondaxes

A última enquisa que manexa o PSOE realizada a principios do pasado mes de marzo reflicte un empate técnico entre o PP e o PsdeG, cun 34,6% para os "populares" en voto máis simpatía e un 33,5% para os socialistas. O BNG conseguiría o 19% dos votos. Un 67% dos entrevistados cre tamén que é bo que haxa un cambio de goberno na Xunta e só un 17% considera que é malo ou moi malo. Fronte estes datos, o PPde G manifestou que as súas enquisas, realizadas a primeiros de abril, outórganlle unha diferencia de entre 15 e 17 puntos co PsdeG. Segundo esta sondaxe, o PP obtería entre 36 e 39 escanos –a maioría absoluta está en 38 deputados- mentres que o PsdeG lograría entre 21 e 23 e o BNG entre 15 e 16 escanos.

  • Anteriores sondaxes
  • 19-X: Menos de dous meses para as últimas eleccións da era Fraga

  • - 18:39 22/04/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)