Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
G>2005

A Xunta decide gastar medio millón de euros para explicar o "fenómeno migratorio"

A emigración de máis de 175 mil galegos dende 1990, a maioría mozos, aparece entre as estatísticas a valorar no balanzo da era Fraga. Non sabemos se destes datos se fará eco a administración galega na campaña para a que acordou recentemente destinar 500 mil euros. Segundo avanzan dende a Xunta, trátase de axudar a que "especialmente a mocidade" saiba do "fenómeno migratorio" en Galiza.

- 08:55 26/04/2005
Tags:

Acusada dende a oposición de ser unha campaña de propaganda, na súa comparecencia fronte á Comisión de Administración Xeral, Xustiza e Interior, o secretario xeral da consellería de Emigración, Antonio Díaz Otero, explicou que o gasto se distribuirá en dúas campañas de "sensibilización" sobre emigración, retorno e inmigración. A meta principal sería segundo a consellería "incidir sobre os axentes sociais e empresariais e especialmente entre os máis novos para axudar á recuperación da memoria histórica sobre o fenómeno migratorio en Galiza. Segundo Otero, "os medios non sempre dan unha visión positiva da emigración e dos retornados" polo que sería "responsabilidade do goberno galego tentar mellorar iso".

Lembrámoslles que un informe recente da CIG, a partir de datos do Instituto Galego de Estatística, advertía que máis de 175 mil galegos marcharon fora de Galiza entre os anos 1990 e 2004 na procura de mellores condicións laborais. A maiores, o informe subliña que eses datos recollen só os emigrados que decidiron empadroarse no lugar de destino, polo que as cifras reais dos que marcharon neste tempo estarían moi por riba.


Ligazóns

0/5 (0 votos)