Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
G>2005

"As sondaxes que eu vexo non falan de cambio", di Fraga

Manuel Fraga asegurou que Galiza converxerá co Estado e a UE no 2015 "se se cumpre o Plan Galiza". Entrevistado na Cadena Ser este martes, o candidato do PP dixo estar seguro de que os resultados das próximas eleccións lle permitirán repetir á fronte da Xunta "porque a xente xa sabe por onde pode circular con tranquilidade e por onde non".

- 11:36 03/05/2005
Tags:

"O noso sempre foi un partido de xente normal, a maioría natural", declarou. Preguntado pola súa sucesión subliñou que "por algo teño un vicepresidente primeiro e segundo" e lembrou que fará "unha recomendación" antes de marchar "porque algo teño que ver co partido, son o fundador e servino ben". "Que lle pregunten a Saramago, Sampedro, Chavela Vargas ou Alan Greenspan", afirmou logo de ser preguntado sobre a idade coa que se presenta a reelección, para logo citar a Ronald Reagan: "non penso usar a miña maior experiencia coma un valor ao meu favor".

"Tiñamosa un plan aprobado e se unha ministra de Fomento suspende licitacións e mesmo incluso algunha obra xa concedida e onde comezaran os traballos... a crispación non a producimos nós", destacou o presidente da Xunta, que dixo estar seguro de que o cumprimento dos investimentos e prazos previstos para o Plan Galiza permitirían que "Galiza estea ao mellor nivel respecto do Estado e da Unión Europea en 2015".

Preguntado pola recente proposta de financiamento do goberno catalán, Manuel Fraga opinou que "é un disparate rachar a Constitución" e engadiu que "malia que todo está feito para adaptarse aos tempos, rachar o principio de solidariedade e ir moito máis aló" e prognosticou que a conferencia de presidentes sirva ou non para a negociación da proposta do tripartito catalán, "dará unha idea axeitada de por onde van ir as cousas".


0/5 (0 votos)